Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para abordar accións de fomento de emprego en colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, clústeres empresariais e consellos reguladores) para a contratación durante nove meses de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
Descrición da axuda
A contía da subvención que se concederá será, por cada persoa moza contratada a tempo completo, a resultante de aplicar o método de custos simplificados calculado conforme o disposto nos artigos 67.1.b) e 67.5.a.i) do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Este método de custos simplificados consiste nun baremo estándar de custo unitario segundo o grupo de cotización en que se atopen as persoas traballadoras en cuestión:
BECU | IPREM | Módulo BECU (persoa contratada/mes) | Contía da axuda por 9 meses |
---|---|---|---|
BECU 1: grupo de cotización 1 a 4 | 3 veces o IPREM por persoa contratada | 2.656,82€ | 23.911,38€ |
BECU 1: grupo de cotización 5 a 9 | 2 veces o IPREM por persoa contratada | 1.771,21€ | 15.940,89€ |
BECU 1: grupo de cotización 10 a 11 | 1,5 veces o IPREM por persoa contratada | 1.328,41€ | 11.955,69€ |
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde, os organismos intermedios sen ánimo de lucro que se atopen inscritos no correspondente rexistro e dispoñan de centro de traballo en Galicia, entendendo por organismos intermedios sen ánimo de lucro os seguintes:
– Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, incluídas as de carácter tecnolóxico.
– Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
– Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas.
– Clústeres empresariais.
– Asociacións de persoas autónomas.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.