Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Mellora da empregabilidade
Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D á mocidade galega - 2024
Código: B321A
Data de publicación: 24/01/2024
Inicio solicitude: 25/01/2024
Remate solicitude: 30/09/2024

Entidade promotora:

Consellería de Política Social e Igualdade

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto establecer as bases e a convocatoria das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B, C e D por parte das persoas mozas residentes en Galicia coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Descrición da axuda

O gasto subvencionable é a suma a prezo global de obtención dos permisos de condución obxecto da Orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B; de 650 euros para o permiso de clase C, e de 1.300 euros para o permiso de clase D.

Colectivo obxectivo

Persoas mozas SNGX

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

a) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

b) Non estar traballando por conta propia nin allea.

c) Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.