Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas da Liña 3.1. Axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (PEL-PEMES CRE/AMP 2023).
A finalidade destas axudas á contratación é apoiar ás pequenas, medianas empresas e microempresas da provincia da Coruña con domicilio fiscal en concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes para a contratación laboral dun/dunha traballador/a.
Descrición da axuda
Cada empresa poderá solicitar a subvención para a contratación dun/unha traballador/a durante un período de 12 meses, durante os cales a subvención cubrirá como máximo o 70% dos custos salariais e de seguridade social da persoa traballadora.
O contrato poderá ter unha duración superior a 12 meses, pero a subvención cubrirá unicamente os custos correspondentes aos meses do contrato incluídos dentro da anualidade 2023.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Estas axudas van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estén desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda e reúnan os seguintes requisitos:
- Ter domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes.
- No caso de persoas autónomas, estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional.
- No caso de persoas xurídicas, estar inscritos no Rexistro mercantil ou no Rexistro público correspondente.
- Estar dado de alta nalgunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.