Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria da axuda para o mantemento do posto de traballo indefinido creado ao abeiro da axuda PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022.
A finalidade das axudas é apoiar ao tecido empresarial provincial para o mantemento da contratación laboral indefinida das persoas que foron contratadas con cargo ás axudas á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022)
Descrición da axuda
A contía máxima da subvención para conceder será o 50% dos custos estimados do mantemento da contratación co seguinte límite:
A contía máxima da subvención para conceder será o 50% dos custos estimados de contratación cos límites de 11.000€ (colectivo vulnerable) e 10.000 € (colectivo non vulnerable) para as contratacións a xornada completa (40h semanais) ou a parte proporcional correspondente naquelas contratacións realizadas a tempo parcial.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Estas axudas ao mantemento do cadro de persoal van dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as, beneficiarios/as da subvención PEL-Pemes Creación e Ampliación 2022, que realizaron a contratación de maneira indefinida inicialmente ou con carácter previo á presentación da solicitude de axudas PEL-Pemes Mantemento 2023 e que con anterioridade á data de publicación da convocatoria, manteñan o domicilio fiscal na provincia da Coruña nun concello con poboación inferior a 20.000 habitantes.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.