Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Contratación| Formación e práctica| Programas cooperación

Prazo aberto

+Emprega nos concellos - 2026
Código: ND
Data de publicación: 30/09/2026
Inicio solicitude: 01/10/2026
Remate solicitude: 22/10/2026
Entidade promotora: Deputación de Pontevedra

Obxecto da axuda

Esta publicación ten por obxecto publicar a convocatoria pública para seleccionar os concellos como entidades colaboradoras e determinar o nivel de estudos dos 129 postos de traballo que se van ocupar baixo a modalidade de contrato formativo.

As contratacións laborais baixo a modalidade de contrato formativo resultantes realizaranse entre as entidades colaboradoras e as persoas tituladas universitarias e de formación profesional de ciclos medios e superiores co fin de que poidan adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitarlles a súa inserción no mercado laboral.

Descrición da axuda

A través desta subvención financiarase unha parte do custo laboral total dun contrato formativo, que deberá ser por un período máximo dun (1) ano a tempo completo.

A distribución destas contratacións laborais realízase entre os concellos de menos de 50.000 habitantes, como entidades colaboradoras, de acordo co cadro que se mostra a continuación, no que resultan un total de 129 contratos formativos (datos de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística, IGE, a 1 de xaneiro de 2025):

Nº de habitantes Nº de contratos Nº de concellos Total
Ata 3.000 1 11 11
De 3.001 a 10.003 2 26 52
De 10.001 a 50.000 3 22 66

As contías máximas das subvencións que se concederán por cada contrato formativo segundo o nivel de estudos serán as seguintes:

Nivel de estudos Importe máx. mensual Importe máx. anual subvención
Licenciatura, grao ou diplomatura 1.400,00 €/mes 16.800,00 €
Ciclo superior de formación profesional 1.200,00 €/mes 14.400,00 €
Ciclo medio de formación profesional 1.000,00 €/mes 12.000,00 €

A retribución polo tempo de traballo efectivo será a fixada no convenio colectivo aplicable a estes contratos ou, no seu defecto, a do grupo profesional e nivel retributivo correspondente ás funcións desempeñadas.

O salario non poderá ser inferior ao 70 % para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ao nivel de estudos e funcións desempeñadas e, en ningún caso, inferior ao salario mínimo interprofesional (SMI) vixente.

As entidades colaboradoras deberán complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios antes indicados, asumindo o custo total da Seguridade Social e os demais conceptos salariais que poidan derivar da relación contractual con cada persoa traballadora baixo a modalidade de contrato formativo.

O período subvencionable dos contratos formativos será dun máximo dun (1) ano e deberán comezar o 15 de xaneiro de 2027 ou na data establecida no acordo de concesión.

Colectivo obxectivo

Entidades públicas

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias colaboradoras os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que dispoñan da capacidade técnica e de xestión suficiente para executar os correspondentes proxectos e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.