Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Inserción| Mellora da empregabilidade
Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables - 2024
Código: AP400A
Data de publicación: 28/06/2024
Inicio solicitude: 29/06/2024
Remate solicitude: 31/10/2024

Entidade promotora:

Outras
- Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Obxecto da axuda

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables a través do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social).

Aviso:- Plazo de solicitude ampliado ata o 31 de outubro de 2024 -

Descrición da axuda

O bono dixital contribuirá a financiar a contratación de novos servizos de conexión a banda larga ou o mantemento dos xa contratados desde unha localización fixa cunha velocidade mínima de 30 Mbps en sentido descendente e irá destinado a persoas físicas de unidades familiares que fosen identificadas como vulnerables.

O bono dixital permitirá ao solicitante a contratación ou mantemento do servizo indicado, tendo dereito a unha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses chegando a acadar como máximo os 240 euros.

O recoñecemento do dereito a recibir o bono dixital a unha unidade familiar e a contía do dito bono é independente do número de membros integrantes desta.

O servizo de acceso que ofertarán as entidades colaboradoras terá como mínimo as seguintes características:

a) O servizo de conexión terá asociada unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, 30 Mbps en sentido da rede ao usuario (DL) en condicións de hora punta, entendida esta como a velocidade alcanzada polos usuarios finais durante un período dunha hora no momento de ocupación máxima da rede.

b) O servizo de acceso á banda larga realizarase a través da tecnoloxía máis adecuada en cada caso co fin de respectar o principio de neutralidade tecnolóxica.

c) Modalidade de acceso: non existirá limitación horaria para o acceso ao servizo nin limitación ao volume mensual dos datos descargados.

Non son obxecto desta axuda outros servizos que a entidade colaboradora poida prestar a través do mesmo acceso (voz, televisión, etc.), sen prexuízo de que os usuarios poidan contratar os ditos servizos de forma adicional.

Colectivo obxectivo

Persoas en risco de exclusión

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España.

Así mesmo, tamén poderá ser beneficiaria calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que estea en situación ou risco de exclusión social.