Tipo de axuda:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para abordar accións de fomento de emprego en colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro para a contratación durante un período mínimo de nove meses, de persoas mozas, inscritas como demandantes nos servizos públicos de Emprego, e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
Descrición da axuda
Os servizos que se desenvolvan deberán posibilitarlles ás persoas contratadas a realización dun traballo efectivo en tarefas relacionadas cos fins das entidades beneficiarias (tanto entidades locais como organismos intermedios), que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo, e non estar afectos ao desenvolvemento dunha actividade económica conforme o establecido pola xurisprudencia europea (entenderase por actividade económica calquera actividade consistente na subministración de bens ou servizos nun mercado determinado).
Efectuada a selección das persoas mozas traballadoras na forma prevista, o organismo intermedio beneficiario procederá á súa contratación utilizando a modalidade de contrato temporal. Empregarase o modelo de contrato de traballo vinculado a programas de políticas activas de emprego, tendo en conta que, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución concedente da subvención e, en todo caso, con anterioridade á finalización do prazo previsto (30 de outubro de 2026).
Cada contrato terá unha duración mínima de nove meses e unha xornada laboral do 100 %, e ese será o período laboral máximo subvencionable para cada contrato.
Para a determinación da contía das subvencións e a súa xustificación, empregarase un método de custos simplificados consonte o disposto nos artigos 53.1.b) e 53.3.a) e i) do Regulamento (UE) 2021/1060, conforme o cal se establece un custo unitario por cada persoa moza contratada a tempo completo durante o período mínimo de 9 meses establecido no art. 6.c). En particular, para o cálculo do custo unitario, tomáronse como referencia as bases mínimas de cotización vixentes, segundo o grupo de cotización en que se atopen as persoas mozas traballadoras en cuestión, máis a cotización empresarial á Seguridade Social para os contratos de duración determinada, resultando as seguintes contías:
| Grupos de cotización | Custo unitario
(9 meses) |
|---|---|
| 1. Enxeñeiros/as e licenciados/as | 23.606,03 € |
| 2. Enxeñeiros/as técnicos/as, peritos e axudantes titulados/as | 19.576,17 € |
| 3. Xefes/as administrativos/as e de taller | 17.030,80 € |
| 4 a 10. Axudantes non titulados/as, oficiais administrativos/as, subalternos/as, auxiliares administrativos/as, oficiais e peóns/peoas | 16.902,64 € |
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios deste programa:
Os organismos intermedios sen ánimo de lucro que, na data de publicación da presente convocatoria, estean constituídos e inscritos no correspondente rexistro (de asociacións, de clústeres empresariais, de asociacións profesionais de traballadores autónomos, de agrupacións empresariais, etc) e dispoñan de centro de traballo en Galicia.
Incluiranse dentro destas entidades:
- Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, e de carácter tecnolóxico.
- Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
- Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia), que representen a un colectivo de empresas galegas.
- Clústeres empresariais.
- Asociacións de persoas autónomas.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.