Tipo de axuda:
Prazo aberto
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.
Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles programa que desenvolvan con carácter obrigatorio as seguintes accións, sendo adaptadas ás necesidades de cada persoa:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación.
Descrición da axuda
Distínguense catro seguintes tipos de programas:
A) Programas integrados destinados exclusivamente a mulleres de calquera dos colectivos especificados.
B) Programas integrados destinados a persoas desempregadas pertencentes aos colectivos prioritarios especificados.
C) Programas integrados de emprego destinados exclusivamente a persoas desempregadas maiores de 52 anos inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
D) Programas integrados de emprego destinados a persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social, solicitados por entidades rexistradas no RUEPSS con carácter previo á publicación desta convocatoria.
Todas as persoas participantes neste tipo de programas deberán ser persoas en situación de desemprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
O número de persoas a atender será de 100, coa excepción dos programas tipo D que atenderán a un número de 60 persoas. O obxectivo de inserción laboral deberá ser, polo menos, do 35 % das persoas demandantes de emprego atendidas durante o desenvolvemento do programa.
A contía máxima da subvención que se concederá será de 230.000 euros por programa, coa excepción dos programas tipo D, cuxa contía será de 138.000 euros.
Ademais, establecerase na resolución de concesión o cálculo de redución no importe total da subvención na fase de liquidación final se non se conseguen os obxectivos previstos. Esta redución calcularase en función das persoas demandantes de emprego inseridas e atendidas segundo o disposto na presentación da solicitude da axuda, de acordo coa seguinte fórmula:
- Factor inseridos: subvención concedida x 0,70/número de compromisos de inserción
- Factor atendidos: subvención concedida x 0,30/número de compromisos de atención sen inserción
Importe total da subvención = (custo persoa inserida * núm. persoas inseridas) + (custo persoa atendida * núm. de persoas atendidas).
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias para o desenvolvemento dos programas:
a) Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este. No caso dos concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, ademais, deberán ter unha media de paro rexistrado no ano 2025 superior a 400 persoas no ámbito territorial do programa.
Este requisito do número mínimo de persoas desempregadas non será de aplicación cando a solicitude agrupe, cando menos, tres concellos, ou dous no caso de que un deles sexa resultado da fusión de dous ou máis concellos.
b) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro que inclúan nos seus estatutos como un dos seus fins ou obxecto social o acompañamento a persoas desempregadas ou a inserción no mercado laboral.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.