Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar o Programa de apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, que ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.
Descrición da axuda
Os conceptos subvencionables son os seguintes:
1. Equipamento informático.
2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
4. Mellora na eficiencia enerxética.
5. Adquisición de equipamento.
6. Reforma do centro de traballo .
7. Mobiliario.
8. Obtención de certificacións de calidade.
9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
10. Plan de protección de datos.
11. Elementos de transporte.
12. Actividades formativas para as persoas socias da entidade solicitante que estén dados de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).
Os servizos descritos nos número 3, 8, 9, 10 e 12 deberán estar implantados ou realizados no período de execución.
Todos os investimentos deberán estar destinados aos centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
E a contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes:
– 5.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9, e 10.
– 600 € para cada actividade formativa, das incluídas no concepto 12, que realice cada persoa socia da entidade que estea de alta no réxime especial de traballadores autónomos.
O límite máximo das axudas establécese en 30.000 € por cada entidade solicitante.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderan ser beneficiarias as entidades, de entre as previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.