Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións que están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais de Galicia de menos de 50.000 habitantes, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
As ditas persoas realizarán tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes e a xestión da biomasa.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en coordinación coa consellería do Medio Rural, poderá desenvolver accións formativas para as persoas traballadoras contratadas, en colaboración coas entidades que resulten beneficiarias destas axudas, para tarefas de limpeza e mantemento de vías e parcelas, e/ou tarefas de prevención de incendios.
Descrición da axuda
As obras ou servizos que se desenvolvan mediante a actividade das persoas traballadoras desempregadas deberán ser tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes, a xestión da biomasa, e cumprir os seguintes requisitos:
a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas a que se encomende a súa execución.
b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e a práctica profesional das persoas desempregadas.
c) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización das obras ou servizos.
d) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos sexa igual ou superior a nove meses.
e) Que as contratacións sexan para xornada a tempo completo.
f) As contratacións que se realicen non poderán ter por obxecto cubrir postos de traballo vacantes na relación de postos de traballo da entidade beneficiaria.
A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será, para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada, cos seguintes importes salariais máximos subvencionables:
Para os grupos de cotización 1 e 2: 25.702,73 €.
Para os grupos de cotización 3 a 7: 20.563,30 €.
Para os grupos de cotización 8 a 10: 16.602,00 €.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias os concellos que conten cunha poboación inferior a 50.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do padrón municipal de habitantes do ano 2024 publicadas polo Instituto Galego de
Estatística, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupacións ou asociacións de concellos; as mancomunidades de concellos de Galicia; os consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos, e tamén poden ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.