Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para a prórroga de contratos ou para o apoio no financiamento do custo salarial das persoas que estean a desempeñar o posto de axente de emprego e desenvolvemento local, no ámbito da colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coas entidades locais, a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego na contorna local.
Descrición da axuda
As persoas contratadas como axentes de emprego e desenvolvemento local configúranse como persoal contratado das entidades locais ou entidades dependentes ou vinculadas a unha Administración local que teñen como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial.
Esta colaboración na implantación das políticas activas de emprego desenvolveraa a entidade contratante, para o que as persoas contratadas como AEDL analizarán a evolución e repercusión das medidas activas de emprego na súa zona de actuación, facilitándolle información puntual a aquela e colaborarán co resto dos integrantes da rede, na procura da mellora da súa calidade, intercambiando coñecementos e experiencias, así como desenvolvendo actividades e proxectos conxuntos.
As persoas contratadas como AEDL realizarán as seguintes funcións, tendo en conta a perspectiva de xénero:
a) Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles persoas emprendedoras, así como prospección das necesidades de persoal das empresas co obxecto de identificar novos nichos de emprego.
b) Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas, promotoras e emprendedoras, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara á promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
c) Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
d) Apoio ás persoas promotoras das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoas tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas.
e) Calquera outra que contribúa á promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa creación de actividade empresarial..
A contía máxima das subvencións que se concederán por cada axente de emprego e desenvolvemento local con xornada laboral a tempo completo poderá ser, co límite máximo de 27.046 euros anuais por cada contratación subvencionada, e tendo en conta a media de paro rexistrada no ano 2023 no seu ámbito territorial de acordo coas estatísticas oficiais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración:
a) A equivalente ata o 35 % dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, cando as entidades beneficiarias teñan unha media de paro rexistrado no ano 2023 igual ou superior a 500 persoas desempregadas.
b) A equivalente ata o 25 % dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, cando as entidades beneficiarias teñan unha media de paro rexistrada no ano 2023 inferior a 500 persoas desempregadas.
c) A equivalente ata o 80 % dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, cando se trate de entidades beneficiarias que, aínda que teñan unha media de paro rexistrada no ano 2023 inferior a 500 persoas desempregadas, a solicitude ou as actuacións previstas no proxecto engloben, cando menos, tres concellos limítrofes ou que estean dentro do mesmo ámbito comarcal, ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos.
A subvención concederase por un período dun ano e será incompatible con outras subvencións ou axudas públicas, con independencia do seu importe, para a mesma finalidade, procedentes de fondos de políticas activas de emprego.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as entidades locais ou, na súa falta, as entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local que fosen beneficiarias destas axudas na derradeira convocatoria, sempre que todas elas dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.