Tipo de axuda:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as de subvencións destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais de Galicia de menos de 50.000 habitantes, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
As ditas persoas realizarán tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes e a xestión da biomasa.
Descrición da axuda
As obras ou servizos que se desenvolverán mediante a actividade das persoas traballadoras desempregadas deberán ser tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, como son a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes, a xestión da biomasa, e cumprir os seguintes requisitos:
a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración directa ou polos organismos, entes ou empresas públicas a que se encomende a súa execución.
b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e a prácticas profesional das persoas desempregadas.
c) Que as persoas que se contraten para labores de coordinación vinculadas á prevención e defensa contra os incendios forestais manteñan contacto e colaboración permanente co persoal encargado de garantir o sistema público de xestión da biomasa, segundo dispón o Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, e Seaga (Resolución do 15 de decembro de 2025; DOG núm. 250, do 29 de decembro), en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais.
d) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización das obras ou servizos.
e) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos sexa igual ou superior a nove meses.
f) Que as contratacións sexan para xornada a tempo completo.
g) As contratacións que se realicen non poderán ter por obxecto cubrir postos de traballo vacantes na relación de postos de traballo da entidade beneficiaria.
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en coordinación coa Consellería do Medio Rural, poderá desenvolver accións formativas para as persoas traballadoras contratadas, en colaboración coas entidades que resulten beneficiarias destas axudas, para tarefas de limpeza e mantemento de vías e parcelas, e/ou tarefas de prevención de incendios.
O contido dos devanditos cursos e as datas e centros de impartición serán delimitados no correspondente acordo de colaboración que subscriban ambas as consellerías, e contarán, polo menos, con formación teórica en prevención de riscos laborais, así como formación, teórica e/ou práctica, en manexo de maquinaria e demais ferramentas necesarias para os labores que se vaian desenvolver.
A contía da subvención será, para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada, cos seguintes importes salariais máximos subvencionables:
Para os grupos de cotización 1 e 2: 26.249,26 €.
Para os grupos de cotización 3 a 7: 21.000,56 €.
Para os grupos de cotización 8 a 10: 16.955,03 €.
As persoas que se contraten para os labores de coordinación, segundo o disposto, incluiranse en todo caso nos grupos de cotización 1 ou 2.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias os concellos que conten cunha poboación inferior a 50.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do padrón municipal de habitantes do ano 2025 publicadas polo Instituto Galego de Estatística, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupacións ou asociacións de concellos; as mancomunidades de concellos de Galicia; os consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos, e tamén as entidades resultantes dunha fusión municipal.
As entidades deben dispor de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.