Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Economía social| Programas cooperación
Subvencións para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais - 2026
Código: TR802H
Data de publicación: 03/02/2026
Inicio solicitude: 04/02/2026
Remate solicitude: 03/03/2026
Entidade promotora: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para o fomento e a consolidación das entidades representativas da economía social de Galicia, en concreto das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais, subvencionando parcialmente os seus gastos de funcionamento.

Descrición da axuda

Considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a seguir:

a) Alugamentos de locais e equipamentos.

b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base,
os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou ao posto de
traballo, as pagas extraordinarias, así como as cotizacións sociais e as cantidades retidas
en concepto de IRPF.

c) Axudas de custo e desprazamento.

d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.

e) Primas de seguros.

f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.

g) Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.

h) Servizos profesionais independentes, incluídos os gastos derivados do informe auditor da conta xustificativa a que se refire o artigo 31. En ningún caso serán subvencionables
os gastos por servizos profesionais que poidan derivar da contratación dalgún membro dos
órganos de goberno da entidade solicitante.

i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.

j) Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos,
seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.

A contía das axudas non poderá superar o 90 % dos gastos necesarios para a realización das actividades, que poderán contar, así mesmo, con outros financiamentos, sen que en ningún caso excedan a contía realmente xustificada e non achegada pola Xunta de Galicia. No caso de axudas de custo e desprazamento, a subvención non superará os 5.000,00 €. O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa non superará os 3.000,00 €.

A contía da subvención non poderá superar, para cada beneficiaria, a contía resultante de multiplicar a puntuación acadada logo da aplicación dos criterios de avaliación polo
cociente entre o crédito asignado na convocatoria e a suma da puntuación acadada por
todas as entidades beneficiarias.

A contía máxima da subvención para cada beneficiaria é de 100.000,00 €.

Colectivo obxectivo

Economía social

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de cooperativas con actividade acreditada e debidamente inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, así como as asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada, que agrupen principalmente entidades inscritas no Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia.