Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Emprego autónomo| Emprendemento
Subvencións para proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais de menor poboación - 2023
Código: 541133
Data de publicación: 06/02/2023
Inicio solicitude: 07/02/2023
Remate solicitude: 31/03/2023

Entidade promotora:

Deputación de Ourense

Obxecto da axuda

Esta publicación ten por obxecto presentar as bases regular a tramitación, concesión e xustificación das subvencións a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e/ou de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia de Ourense durante o exercicio 2019, 2020, 2021, 2022 e ata o 31 de marzo de 2023, no marco do proxecto EmprendOu.

Descrición da axuda

A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes consistirá nunha axuda económica equivalente ao 75% do salario mínimo interprofesional por cada mes de exercicio efectivo da actividade subvencionada, cun mínimo de 6 meses e unmáximo de 12 meses.

Estes períodos terán que cumprirse antes do 31 de marzo de 2023, data límite ata a que se subvencionarán os proxectos presentados.

Colectivo obxectivo

Persoas desempregadas

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais e/ou de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia de Ourense durante o exercicio 2019, 2020, 2021, 2022 e ata o 31 de marzo de 2023.