Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023 do Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
Descrición da axuda
Considéranse gastos de funcionamento subvencionables os que se indican a continuación:
a) Alugamentos de locais e equipamentos.
b) Gastos de persoal da asociación. Neste concepto só se terán en conta o salario base, os complementos de antigüidade e os asociados á categoría profesional ou ao posto de traballo, as pagas extraordinarias, así como as cotizacións sociais e as cantidades retidas en concepto de IRPF.
c) Axudas de custo e desprazamento.
d) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e auga.
e) Primas de seguros.
f) Material de oficina, comunicacións e publicacións diversas.
g) Mantemento da páxina web da asociación e xestión de redes sociais, difusión e publicidade.
h) Servizos profesionais independentes, incluídos os gastos derivados do informe auditor da conta xustificativa a que se refire o artigo 31 da orde que regula a presente axuda.
i) Cotas asociativas a entidades de intercooperación.
j) Gastos de participación do persoal pertencente á entidade beneficiaria en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante.
A contía das axudas non poderá superar o 90 % dos gastos necesarios para a realización das actividades, que poderán contar, así mesmo, con outros financiamentos sen que en ningún caso excedan a contía realmente xustificada e non achegada pola Xunta de Galicia.
No caso de axudas de custo e desprazamento, a subvención non superará os 3.000 €. O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa non superará os 3.000 €.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de cooperativas con actividade acreditada e debidamente inscritas no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia, dependente da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, así como as asociacións de sociedades laborais debidamente inscritas e con actividade acreditada, que agrupen principalmente entidades inscritas no Rexistro de Sociedades Laborais de Galicia.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.