Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Formación e práctica
Accións formativas para o emprego dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras ocupadas - 2023
Código: TR302A
Data de publicación: 08/02/2023
Inicio solicitude: 09/02/2023
Remate solicitude: 08/03/2023

Entidade promotora:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para a execución das accións formativas do Plan de formación para o emprego dirixido a persoas traballadoras ocupadas.

Descrición da axuda

Esta axuda ten como finalidade o financiamento de programas de formación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras ocupadas, e estarán dirixidos á adquisición
e mellora de competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade
e competitividade das empresas que teñan os seus centros de traballo na Comunidade
Autónoma de Galicia, ás necesidades de adaptación aos cambios operados no posto de
traballo e ás aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas
traballadoras, de forma que as capacite para o desenvolvemento cualificado da profesión
e lles permita mellorar a súa empregabilidade.

Será subvencionable a impartición dos programas de formación dirixidos á adquisición de competencias técnicas profesionais que en cada convocatoria se determinen.

Cada entidade de formación só poderá presentar unha solicitude de subvención por
programa, que incluirá, dentro da capacidade real de execución da entidade e con respecto aos límites e requisitos que se determinen nas bases reguladoras e na correspondente
convocatoria, o programa de formación que se vai impartir, con indicación de todas e cada
unha das accións formativas e grupos que o configuran, e para os cales solicita subvención.

A contía da subvención que se conceda por cada acción formativa calcularase en
función do número de participantes previstos, do número de horas do programa formativo
e dos módulos económicos específicos solicitados por participante e hora de formación
recollidos, para cada familia, área profesional e/ou especialidade e en función da modalidade de impartición, anexo I.

Na formación que se vai impartir na modalidade mixta aplicaranse os módulos correspondentes en función do número de horas de cada tipo de modalidade formativa.
Os módulos económicos que se van aplicar na valoración económica dos módulos
transversais serán os mesmos que os correspondentes aos contidos específicos da acción
formativa para a modalidade de impartición en que os módulos transversais se realicen.

Colectivo obxectivo

Economía social | Empresas | Empresas de inserción | Persoas desempregadas | Persoas traballadoras por conta allea

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas subvencións as entidades que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial, de teleformación ou mixta.

As entidades solicitantes deberán estar inscritas para impartir a especialidade formativa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, se o caso que a formación se imparte total ou parcialmente na modalidade de teleformación.