Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas para o ano 2023 da Liña 2.7. PEL Autónomos/as, para sufragar parte das cotas da seguridade social do ano 2023 de persoas autónomas nos meses que non reciben outras axudas concedidas por entidades ou organismos públicos ou privados, para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional.
A finalidade de estas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento do tecido empresarial autónomo.
Descrición da axuda
A axuda consistirá nunha contía fixa de 200 € por cada mes nos que se cumpran os requisitos ata un máximo de 12 meses e un mínimo de 6 meses correspondentes ao período subvencionado 2023. Se subvencionaran exclusivamente as cotas mensuais correspondentes a anualidade 2023.
Contía máxima a solicitar (no caso de solicitar 12 cotas): 2..400,00€
Contía mínima a solicitar (no caso de solicitar 6 cotas): 1.200,00€
Contía variable (en caso de solicitar máis de 6 e menos de 12 cotas): 200*nº de meses non subvencionados/bonificados (máis de 6)
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Estas axudas van dirixidas a persoas autónomas, promotoras de iniciativas empresariais que estean desenvolvendo unha actividade con ánimo de lucro con anterioridade á data de publicación da convocatoria da axuda e reúnan os seguintes requisitos:
- Ter domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con poboación inferior a 20.000 habitantes.
- Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con unha antigüidade ininterrompida máxima de 5 años anteriores a data de publicación da convocatoria destas axudas. Considérase que non existe interrupción cando entre o cese e o novo alta transcorran menos de 3 meses.
- Estar dado de alta en algunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
- Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio ininterrompido na actividade empresarial que desenrola segundo a información recollida no certificado de situación censual da entidade. A estes efectos, considérase que existe continuidade na mesma actividade económica cando entre o cese e novo alta transcorran menos de 3 meses.
- Non recibir na anualidade 2023 ningunha axuda ou concepto similar, por parte de ningunha entidade ou organismo pública para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.