Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións ás empresas de inserción establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través do Programa IV: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social.
Este programa ten por obxecto subvencionarlles parcialmente ás empresas de inserción os custos salariais das persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social incluídas.
Descrición da axuda
A inserción sociolaboral por medio de empresas de inserción vai dirixida a persoas desempregadas que se atopen en situación ou en risco de exclusión social por concorrer nelas os supostos recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
A situación e as circunstancias de risco ou exclusión social que determinen a cualificación dunha persoa como posible persoa traballadora en proceso de inserción nunha empresa de inserción serán acreditadas de conformidade co artigo 24 do Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo.
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025.
Os contratos de traballo subscritos entre as persoas traballadoras en situación ou en risco de exclusión social e as empresas de inserción terán que reunir as seguintes características para ser subvencionables:
a) Deberán formalizarse por escrito, axustándose ao disposto na Lei 44/2007, do 13 de decembro, que regula o réxime das empresas de inserción.
b) A súa duración non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a 3 anos.
c) A xornada de traballo non poderá ser inferior ao 50 % da establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legalmente establecida.
d) A persoa seleccionada deberá aceptar o itinerario de inserción co contido sinalado no artigo 26 do Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo.
A contía da subvención será equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual por cada persoa traballadora subvencionable, incluídas as pagas extraordinarias dos meses de decembro e xuño.
Esta contía será proporcional á duración da xornada de traballo.
Para o cálculo da subvención correspondente ás mensualidades xa vencidas na data de presentación da solicitude, teranse en conta as persoas traballadoras subvencionables que estivesen efectivamente contratadas no devandito período. Para as mensualidades seguintes terase en conta o persoal do mes en que se presente a solicitude.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción rexistradas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.