Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións ás empresas de inserción establecidas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través do Programa IV: axudas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras en risco ou situación de exclusión social.
Ao abeiro do programa de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social, as empresas de inserción poderán acceder ás seguintes liñas de axuda:
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
Descrición da axuda
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.
Esta axuda está destinada a financiar:
1º. Ás entidades promotoras de empresas de inserción, os custos que comporta o proceso de creación de empresas de inserción.
2º. Ás empresas de inserción, os custos dirixidos á mellora, reorientación e diversificación da actividade empresarial.
No caso de creación de empresas, a data de alta no imposto de actividades económicas debe estar comprendida no prazo subvencionable establecido na convocatoria.
Son gastos subvencionables:
a) Os estudos de mercado, estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e labores de asesoramento e consultoría que teñan por obxecto a constitución dunha empresa de inserción, a apertura de novos mercados e a reorientación ou diversificación da actividade empresarial.
b) As auditorías contables non obrigatorias que analicen a viabilidade económica e a boa xestión da empresa.
c) As auditorías sociais que permitan á empresa avaliar a súa eficacia social e o seu comportamento ético en relación cos seus obxectivos, de maneira que poida mellorar os seus resultados sociais e solidarios e dar conta deles a todas as persoas comprometidas pola súa actividade.
d) Os custos derivados da obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións. A axuda para a implantación quedará condicionada á obtención da certificación de calidade.
A contía desta subvención será equivalente ao 80 % del custo total dos servizos, cos límites seguintes:
a) Estudos de mercado, estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e labores de asesoramento e consultoría: máximo de 6.000,00 €.
b) Auditorías contables: máximo de 1.500,00 €.
c) Auditorías sociais: máximo de 1.500,00 €.
d) Certificacións de calidade: máximo de 1.000,00 € para a certificación e de 1.000,00 € para la implantación.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar parcialmente os gastos diarios derivados da posta en marcha da actividade dunha empresa de inserción.
Esta axuda poderase solicitar ao inicio da actividade empresarial ou cando exista una reorientación e diversificación da actividade inicial que implique apertura de novos centros de traballo. Poderase conceder durante un máximo de dúas convocatorias sucesivas, co límite de 12 meses desde o inicio da actividade ou a apertura do centro de traballo.
Enténdese que unha empresa inicia a súa actividade empresarial desde a data de alta no imposto de actividades económicas, ou ben desde a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.
Para que sexa subvencionable a diversificación da actividade requírese que na data de solicitude de subvención, a apertura do novo centro de traballo fose comunicada ao Rexistro de Empresas de Inserción da Comunidade Autónoma de Galicia, e na dita comunicación deberá constar a data de presentación da comunicación de apertura ante a autoridade laboral.
Son conceptos subvencionables:
a) Compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos.
b) Gastos de arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos.
c) Gastos de seguro do local e publicidade e subministracións (gastos de luz, auga etc.).
d) Gastos de constitución tales como gastos de notario e rexistro, altas e taxas necesarias para satisfacer o inicio da actividade.
Subvencionarase como máximo 80 % dos gastos, ata un máximo de 3.000,00 € por cada posto de traballo de persoas en inserción a xornada completa vixente durante todo o período subvencionable sinalado na convocatoria, ou a parte proporcional se o contrato é a tempo parcial ou a duración é inferior.
O límite máximo desta axuda será de 12.000,00 € polo total do período subvencionable.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar a creación de novos postos de traballo de persoas en risco ou situación de exclusión social en función do investimento realizado en inmobilizado sempre que estea relacionado coas actividades desenvolvidas pola empresa de inserción.
Poderán subvencionarse as empresas de inserción, tanto no proceso de creación da EI como en calquera momento posterior no que consideren necesario ampliar o cadro de persoal en inserción.
Computaranse como novos postos aqueles cuxa contratación se inicie no período subvencionable sinalado na convocatoria e que supoñan un incremento neto no cadro de persoal en inserción respecto ao período de xustificación do último expediente de axudas subvencionado dentro do programa de axudas á creación de emprego.
Consideráranse subvencionables os investimentos en inmobilizado material que se recollan como investimentos en activo no diario no Plan xeral contable, así como os de inmobilizado inmaterial correspondente á propiedade industrial e ás aplicacións informáticas.
No caso de vehículos, será subvencionable a adquisición dos vehículos comerciais ou industriais necesarios e de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, e os automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais por representantes ou axentes comerciais, os empregados na venda a domicilio, na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensino de condutores e os empregados en servizos de vixilancia.
A axuda poderá acadar o 80 % dos gastos subvencionables, ata un máximo de 12.000,00 € por cada posto de traballo de persoas en inserción a xornada completa, considerados novos postos a efectos.
No caso de contratos a tempo parcial a contía máxima reducirase proporcionalmente. Non obstante, esta contía máxima poderá incrementarse nas porcentaxes que se sinalan a continuación (acumulables entre si):
a) Un 25 %, se a persoa contratada é unha muller.
b) Un 25 %, se a persoa contratada é maior de 45 anos.
c) Un 25 %, no caso de que o centro de traballo no que se incorpora a persoa traballadora estea situado nun concello rural.
De aplicarse os incentivos anteriores, a contía máxima que poderá ser concedida con esta liña de axudas por cada posto de traballo creado será de 21.000,00 €.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.
Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar parcialmente os custos da contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción que sexan necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira das empresas de inserción. Esta axuda estará condicionada á xustificación pola empresa de inserción de que coas contratacións obxecto de subvención se suplan carencias para o desenvolvemento da actividade empresarial e seu bo fin.
Poderá concederse esta subvención a aquelas empresas de inserción que fosen beneficiarias desta liña de axudas anteriormente, sempre que o total das mensualidades subvencionadas a todas as persoas técnicas ou xerentes non superen en conxunto as 36 mensualidades. O total das mensualidades subvencionadas calcularase tendo en conta a suma de todos os períodos para cada unha das persoas técnicas e/ou xerentes.
A contía da subvención será equivalente ao 50 % dos custos laborais totais da persoa contratada, incluído o importe efectivamente cotizado á Seguridade Social por todos os conceptos por conta da empresa. Non serán subvencionables as indemnizacións por despedimento.
Para o cálculo da subvención teranse en conta as persoas traballadoras subvencionables que estivesen efectivamente contratadas ata a data de presentación da solicitude.
A contía das axudas será como máximo de 10.000,00 € anuais, polo total do período subvencionable, ou o importe proporcional se a duración é inferior.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar parcialmente os custos da contratación de persoal técnico coa finalidade de desenvolver accións de orientación e acompañamento ás persoas traballadoras en proceso de inserción e facilitarlles a súa plena integración laboral en empresas normalizadas.
A axuda será equivalente ao 50 % dos custos laborais totais, incluído o importe efectivamente cotizado á Seguridade Social por todos os conceptos a cargo da empresa ou da entidade promotora. Non serán subvencionables as indemnizacións por despido.
Para o cálculo da subvención teranse en conta as persoas traballadoras subvencionables que estiveran efectivamente contratadas ata a data de presentación da solicitude.
Establecese unha contía máxima de 3.000,00 € por cada persoa traballadora en proceso de inserción atendida, por un período dun ano a xornada completa, ata un máximo de 18.000,00 €.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
Esta liña de axudas ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada co itinerario de inserción das persoas en inserción para mellorar os coñecementos sobre as funcións propias da súa profesión, así como aquela formación que, sen ter relación cos estudos ou a actividade laboral previa, compleméntena e melloren a empregabilidade das devanditas persoas.
A formación será impartida por entidades alleas á empresa de inserción.
A contía da subvención será o 100 % do custo dos servizos, cun límite máximo por empresa de inserción de 3.000,00 €.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
Esta liña de axudas ten por obxecto incentivar os labores de mediación laboral, subvencionando ás empresas de inserción pola incorporación ao mercado laboral ordinario dunha persoa traballadora en proceso de inserción.
Considerarase que existe unha incorporación ao mercado laboral para os efectos desta axuda nos seguintes supostos:
a) Cando a persoa en proceso de inserción sexa contratada na empresa ordinaria con carácter indefinido ou cando o contrato en inserción se transforme nun contrato indefinido na mesma empresa de inserción.
b) Cando a persoa en proceso de inserción inicie unha actividade por conta propia ou se incorpore como socio traballador a unha sociedade cooperativa.
c) Cando a persoa en proceso de inserción sexa contratada na empresa ordinaria cun contrato temporal de duración igual ou superior a un ano.
A contía da subvención para a mediación laboral será:
a) 6.000,00 € nos supostos das letras a) e b).
b) 2.000,00 € no suposto da letra c).
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
As entidades promotoras de empresas de inserción poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras a) e e) anteriores. Se a subvención a solicitan as entidades promotoras, non a poderán solicitar a empresa ou as empresas de inserción que promovan.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.