Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
En concreto, esta axuda atende ao Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.
Descrición da axuda
As empresas de inserción poderán acceder ás seguintes liñas de axuda para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou en situación de exclusión social:
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
As entidades promotoras de empresas de inserción poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras a) e e).
Se a subvención a solicitan as entidades promotoras, non poderán solicitala a empresa ou as empresas de inserción que promovan.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción inscritas como tales sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.