Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.
Descrición da axuda
A actividade subvencionable será a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial que desenvolvan accións directas de apoio a empresas e persoas traballadoras na procura da
igualdade laboral e de oportunidades e da redución da fenda salarial de xénero.
As entidades que resulten beneficiarias poderán adscribir a estes gabinetes persoal propio ou ben contratar persoas expertas en igualdade laboral, que deberán contar con formación e/ou experiencia acreditada en materia de igualdade de xénero e de oportunidades.
Concretamente, o persoal destes gabinetes encargarase de desenvolver as actividades
derivadas do seu funcionamento ordinario, entre as que cómpre salientar as seguintes:
1. Apoiar tecnicamente e asesorar as empresas e as representacións sindicais no fomento da igualdade laboral en ámbitos como contidos da negociación colectiva e introdución da perspectiva de xénero, proceso de selección e contratación, clasificación profesional, promoción profesional, condicións de traballo, exercicio corresponsable dos dereitos
da vida persoal, familiar e laboral, infrarrepresentación feminina, retribucións, prevención
do acoso moral, sexual e por razón de sexo, etc.
2. Apoiar as empresas e persoas traballadoras na definición e no desenvolvemento dos
plans de igualdade, así como a súa avaliación e seguimento.
3. Desenvolver un traballo de diagnose permanente, desde o punto de vista da igualdade e da fenda salarial, a través de diferentes actuacións.
O importe subvencionable non superará a porcentaxe de representatividade das entidades solicitantes.
Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións de carácter concreto
e específico derivadas do funcionamento ordinario dos gabinetes técnicos en materia de
igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial que impliquen o normal desenvolvemento das súas funcións.
Os gastos derivados de persoal adscrito aos gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, incluído o persoal de xestión administrativa, coordinación e dirección técnica, poderanse imputar desde o 1 de novembro
de 2022 ata o 31 de outubro de 2023.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
As entidades beneficiarias da subvención serán:
1. As asociacións empresariais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 2 de agosto, sobre regulación do dereito
de asociación sindical.
2. As organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.