Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas PEL Autónomas/os Consolidadas/os, no marco do programa de axudas 2.7. PEL Autónom@s para o ano 2024, para sufragar ás persoas autónomas parte das cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social que cumpran os requisitos establecidos.
Descrición da axuda
Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, as cotas mensuais de autónomos correspondentes ao ano 2024 que non reciban ningún tipo de axuda ou calquera outro concepto similar definido nas bases específicas, por parte de ningunha entidade ou organismo público nin privado.
En todo caso non serán subvencionables as cotas inferiores a 200 € nin as correspondentes a períodos inferiores a un mes natural.
A axuda consistirá nunha contía fixa de 200 € por cada mes nos que se cumpran os requisitos ata un máximo de 12 meses e un mínimo de 6 meses correspondentes ao período subvencionado 2024. Subvencionaranse exclusivamente as cotas mensuais correspondentes a anualidade 2024.
Contías máximas e mínimas | Importe |
---|---|
Contía máxima a solicitar (no caso de solicitar as 12 cotas) | 2.400€ |
Contía mínima a solicitar (no caso de solicitar 6 cotas) | 1.200€ |
Contía variable (en caso de solicitar máis de 6 e menos de 12 cotas) | 200* nº de meses non subvencionados / bonificados |
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as personas autónomas con un mínimo de cinco años de actividad que no reciban otras ayudas publicas para e pago de sus cotas sociales.
A finalidade de estas axudas é o fomento do traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento do tecido empresarial autónomo.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.