Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas para a creación e/ou o funcionamento de gabinetes técnicos das organizacións sindicais e para plans de formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.
Esta axuda ten por finalidade apoiar o funcionamento dos gabinetes técnicos das organizacións sindicais nas actividades específicas das materias correspondentes ao exercicio da actividade sindical, así como a de facilitar a formación de cadros e delegadas e delegados sindicais.
Descrición da axuda
Para poderen ser obxecto de subvención, os gabinetes técnicos das organizacións sindicais deberán estar integrados, como mínimo, por dúas persoas, unha das cales deberá ter unha titulación de grao ou equivalente.
As ditas persoas estarán contratadas a xornada completa para a realización das actividades propias dos gabinetes.
Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións de carácter concreto
e específico derivadas do funcionamento ordinario dos gabinetes técnicos das organizacións sindicais que impliquen o normal desenvolvemento das súas funcións, así como a impartición de actividades formativas dirixidas a cadros e delegadas e delegados sindicais.
No caso de actividades formativas, os custos subvencionables por participante e por hora de impartición determinaranse de acordo cos módulos económicos máximos establecidos
no anexo I da Orden TMS/368/2019, do 28 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se regula a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, en relación coa oferta formativa das administracións competentes e financiamento, e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento (BOE núm. 78, do 1 de abril).
Os gastos derivados de persoal adscrito aos gabinetes técnicos poderanse imputar desde o 1 de novembro de 2022 ata o 31 de outubro de 2023.
As organizacións sindicais poderán executar as actividades formativas obxecto da axuda en modalidade presencial, teleformación, aula virtual (que seguirá tendo a consideración de formación presencial) ou modalidade mixta.
Serán subvencionables os custos necesarios para a impartición en liña do curso e/ou
xornada e que se atopen debidamente xustificados.
Considerarase aula virtual a contorna de aprendizaxe en que a persoa titora-formadora e o alumnado interactúan, de forma concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemático de carácter síncrono que permita levar a cabo un proceso de
intercambio de coñecementos co fin de posibilitar unha aprendizaxe das persoas que participan na aula.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ter a condición de beneficiarias as organizacións sindicais intersectoriais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2022 en virtude das eleccións celebradas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.
Terase en conta o número de representantes que teñan as organizacións sindicais baixo a denominación coa que figuren rexistradas na data antedita.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.