Tipo de axuda:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases A2 e B por parte das persoas mozas residentes en Galicia coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
Descrición da axuda
O gasto subvencionable é a suma a prezo global de obtención dos permisos de condución obxecto desta orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.
O importe da axuda será de 150 euros para a obtención do permiso de condución de clase A2 e de 400 euros para o permiso de condución de clase B.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención dos dous permisos.
Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos
na data de presentación da súa solicitude:
a) Ter feitos os 18 anos de idade e non ter feitos os 31.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Non estar traballando por conta propia nin allea. Enténdese que están traballando por conta propia ou allea aquelas persoas que estean en situación de alta nalgún réxime da Seguridade Social ou nunha mutualidade de previsión social, coa excepción de alumnos e alumnas que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación previstas na disposición adicional quincuaxésimo segunda do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei xeral da Seguridade Social.
d) Ter aprobado o/s permiso/s de conducir para o/s cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.
e) Que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) de 2025, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Serán persoas beneficiarias as persoas mozas que teñan entre os 18 e os 30 anos (ámbolos inclusive).
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.