Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Contratación| Inserción| Programas cooperación
+Emprega nos concellos - 2025
Código: DOOP +Emprega
Data de publicación: 19/08/2025
Inicio solicitude: 20/08/2025
Remate solicitude: 09/09/2025
Entidade promotora: Deputación de Pontevedra

Obxecto da axuda

Esta publicación ten por obxecto publicar as bases e as condicións para seleccionar os concellos como entidades colaboradoras e determinar o nivel de estudos dos 130 postos de traballo que se van ocupar baixo a modalidade de contrato formativo, así como o desenvolvemento das bases, que establecerán as relacións entre a Deputación de Pontevedra e as entidades colaboradoras.

Descrición da axuda

As axudas destinadas á realización de accións e pola execución de programas de fomento do emprego xuvenil para evitar a fuga de talento fóra da nosa provincia e de Galicia.

Así, o programa “+Emprega” ten como principal obxectivo promover a inclusión social e o desenvolvemento económico e social da provincia a través da creación de emprego de calidade e do fomento da empregabilidade da cidadanía, e dálles continuidade aos programas de fomento da empregabilidade desenvolvidos pola Deputación de Pontevedra durante os dous anos anteriores. Os seus eixes de actuación son os seguintes:

• Eixe 1: Impulso ao emprego.

• Eixe 2: Fomento do emprego inclusivo.

As contratacións laborais baixo a modalidade de contrato formativo que se deriven realizaranse entre as entidades colaboradoras e as persoas tituladas universitarias e de formación profesional de ciclos medios e superiores co fin de que poidan adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitarlles a súa inserción no mercado laboral.

A través desta subvención financiarase unha parte do custo laboral total dun contrato formativo, que deberá ser por un período máximo dun (1) ano a tempo completo.

A distribución das contratacións laborais baixo a modalidade de contrato formativo realízase entre os concellos de menos de 50.000 habitantes, como entidades colaboradoras, de acordo co cadro que se mostra a continuación, no que resultan un total de 130 contratos formativos (datos de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística, IGE, o 1 de xaneiro de 2024):

Nº de habitantes Nº de contratos Nº de concellos Total
Ata 3.000 1 11 11
De 3.001 a 10.000 2 25 50
De 10.001 a 50.000 3 23 69

As contías máximas das subvencións que se concederán por cada contrato formativo segundo o nivel estudos serán as seguintes:

Nivel de estudos Importe máximo mensual Importe máximo anual da subvención
Licenciatura, grao ou diplomatura 1.400 €/mes 16.800,00 €
Ciclo superior de formación profesional 1.200,00 €/mes 14.400,00 €
Ciclo medio de formación profesional 1.000,00 €/mes 12.000,00 €

A retribución polo tempo de traballo efectivo será a fixada no convenio colectivo aplicable a estes contratos ou, no seu defecto, a do grupo profesional e nivel retributivo correspondente ás funcións desempeñadas (anexo I das bases).

O salario non poderá ser inferior ao 70 % para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ao nivel de estudos e funcións desempeñadas e, en ningún caso, inferior ao salario mínimo interprofesional (SMI) vixente.

As entidades colaboradoras deberán complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios antes indicados asumindo o custo total da Seguridade Social e os demais conceptos salariais que poidan derivar da relación contractual con cada persoa traballadora baixo a modalidade de contrato formativo.

O período subvencionable dos contratos formativos será dun máximo dun (1) ano e os contratos deberán comezar o 15 de xaneiro de 2026 ou na data establecida no acordo de concesión.

Colectivo obxectivo

Persoas mozas SNGX

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades colaboradoras os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes que dispoñan da capacidade técnica e de xestión suficiente para executar os correspondentes proxectos e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).

As entidades colaboradoras utilizarán a modalidade de contrato formativo e deberán cumprir todos os requisitos establecidos na normativa aplicable a esta tipoloxía de contrato.