Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Programas cooperación
Axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais (Programa I) - 2023
Código: TR807A
Data de publicación: 06/02/2023
Inicio solicitude: 07/02/2023
Remate solicitude: 06/03/2023

Entidade promotora:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas para o desenvolvemento das actividades ordinarias das organizacións sindicais.

A finalidade é facilitarlles axudas económicas ás organizacións sindicais con representación
no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para as actividades ordinarias que lle son
propias e que se desenvolvan no ano 2023.

Descrición da axuda

Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións ordinarias e habituais realizadas polas organizacións sindicais que impliquen o normal desenvolvemento
das funcións que lles son propias.

Os gastos ordinarios derivados do persoal das organizacións sindicais poderán imputarse desde o 1 de novembro de 2022 ata o 31 de outubro de 2023.

Colectivo obxectivo

Entidades sen ánimo de lucro

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as organizacións sindicais que o soliciten, segundo o número de representantes que tivesen o 31 de decembro de 2022 en virtude das eleccións celebradas nas empresas e nas administracións públicas no ámbito de Galicia.

Terase en conta o número de representantes que teñan as organizacións sindicais baixo a denominación coa que figuren rexistradas na data antedita.