Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
Descrición da axuda
O importe da subvención que se concederá ás entidades beneficiarias será o equivalente ao necesario para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa desempregada contratada.
O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada. En todo caso, e con independencia da xornada de traballo a tempo completo ou a tempo parcial, a xornada de traballo subvencionable será, como máximo, do 75 % e non poderá, en ningún caso, ser inferior ao 50 %.
Para os efectos destas subvencións, non se consideran custos salariais subvencionables o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores, así como os incentivos e gratificacións extrasalariais que non formen parte da base de cotización.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos e as agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución do obxecto para o cal se concede a subvención.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.