Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais para a contratación nesta convocatoria do ano 2023 ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2022 de axentes de emprego e unidades de apoio.
As persoas contratadas ao abeiro destas axudas colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.
Para o adecuado exercicio das funcións e actividades das persoas contratadas como axentes de emprego poderán contar coa axuda e asistencia de unidades de apoio de carácter administrativo, que serán coordinadas por aqueles.
Descrición da axuda
As persoas contratadas como axentes de emprego, na súa colaboración na implantación das políticas activas de emprego, realizarán, entre outras, as seguintes funcións:
a) Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles persoas emprendedoras.
b) Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre as persoas desempregadas con especiais dificultades de inserción laboral e, en especial, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, de cara a mellorar a súa empregabilidade.
c) Desenvolvemento, avaliación e execución de programas de acción encamiñados a favorecer a igualdade de oportunidades e a discriminación positiva dos colectivos de persoas con discapacidade e en risco de exclusión social.
d) Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira destes.
e) Apoio ás persoas promotoras de empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoas tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoría en xestión empresarial e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuír á boa marcha das empresas creadas.
f) Calquera outra que contribúa á promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa creación de emprego, a actividade empresarial e a inserción laboral dos colectivos de persoas con discapacidade e en risco de exclusión social..
A subvención que percibirán as entidades beneficiarias consistirá nunha contía calculada tomando como referencia os custos salariais e de Seguridade Social das persoas axentes de emprego e unidades de apoio que se van contratar nos termos seguintes.
A contía máxima da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será igual ao resultado de multiplicar o número de persoas contratadas polo número de meses e polo importe do módulo «C» no caso de axentes de emprego e do módulo «B» para as unidades de apoio, conforme a seguinte escala:
- Módulo C: os custos salariais totais que se van subvencionar ascenderán a tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), vixente en cada ano, máis a parte proporcional das pagas extraordinarias, por importe, cada unha delas, dunha mensualidade do dito IPREM, e a correspondente cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos por cada persoa traballadora contratada dentro do grupo de cotización da Seguridade Social 2 ao 1, ambos inclusive. A contía máxima da subvención reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos sexan a tempo parcial.
- Módulo B: os custos salariais totais que se van subvencionar ascenderán a dúas veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM), vixente en cada ano, máis a parte proporcional das pagas extraordinarias, por importe, cada unha delas, dunha mensualidade do dito IPREM, e a correspondente cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos por cada persoa traballadora contratada dentro do grupo de cotización da Seguridade Social 8 ao 3, ambos inclusive. A contía máxima da subvención reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos sexan a tempo parcial.
Para calcular a contía correspondente aos custos de Seguridade Social, o tipo de cotización aplicable será o que se corresponda coa ocupación A.
O salario que percibirán as persoas contratadas como axentes de emprego ou unidades de apoio será aquel que corresponda legal ou convencionalmente e será acorde á súa categoría profesional e titulación.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta axuda as entidades sen ánimo de lucro que establezan accións específicas de conformidade cos seus estatutos para a inserción das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, e que estean a desenvolver actividades de promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa promoción do emprego, o autoemprego e o desenvolvemento local.
As devanditas entidades, para poder ser beneficiarias destas axudas, necesariamente han de estar adheridas á Rede Xatemprego para o uso da aplicación web na xestión de actividades vinculadas á promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa promoción do emprego, o autoemprego e o desenvolvemento local, na cal deberán rexistrar todas as actividades e proxectos desenvoltos ao abeiro destas axudas.
Para as entidades que, a raíz desta convocatoria, obteñan por primeira vez contratacións subvencionadas de axentes de emprego e/ou unidades de apoio, o período temporal para solicitar a súa adhesión á Rede Xatemprego remata no prazo máximo dun mes desde a notificación da resolución de concesión da subvención.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.