Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para a prórroga de contratos de axentes de emprego e desenvolvemento local, no ámbito da colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coas entidades locais, a través dos programas de cooperación, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego na contorna local.
Descrición da axuda
As persoas contratadas como axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL) configúranse como persoal contratado das entidades locais ou entidades dependentes ou vinculadas a unha Administración local que teñen como misión principal colaborar na implantación das políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial.
O persoal AEDL analizará a evolución e repercusión das medidas activas de emprego na súa zona de actuación, facilitándolle información puntual a aquela e colaborarán co resto dos integrantes da rede, na procura da mellora da súa calidade, intercambiando coñecementos e experiencias, así como desenvolvendo actividades e proxectos conxuntos.
A contía máxima das subvencións que se concederán por cada AEDL poderá ser, co límite máximo de 27.046 euros anuais por cada contratación subvencionada e tendo en conta a media de paro rexistrada no ano 2022 no seu ámbito territorial de acordo coas estatísticas oficiais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade:
a) A equivalente ata o 35 por 100 dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, cando as entidades beneficiarias teñan unha media de paro rexistrado no ano 2022 igual ou superior a 500 persoas desempregadas.
b) A equivalente ata o 25 por 100 dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, cando as entidades beneficiarias teñan unha media de paro rexistrada no ano 2022 inferior a 500 persoas desempregadas.
c) A equivalente ata o 80 por 100 dos custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, cando se trate de entidades beneficiarias, que aínda que teñan unha media de paro rexistrada no ano 2022 inferior a 500 persoas desempregadas, a solicitude ou as actuacións previstas no proxecto engloben, cando menos, tres concellos limítrofes ou que estean dentro do mesmo ámbito comarcal, ou dous, no caso de que un deles proceda da fusión de concellos.
A subvención concederase por un período dun ano e será incompatible con outras subvencións ou axudas públicas, con independencia do seu importe, para a mesma finalidade, procedentes de fondos de políticas activas de emprego.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas as entidades locais, ou no seu defecto, as entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local, sempre que todas elas dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.
As devanditas entidades, para poder ser beneficiarias destas axudas, necesariamente han de estar adheridas á Rede Xatemprego para o uso da aplicación web na xestión de actividades vinculadas á promoción e implantación de políticas activas de emprego, relacionadas fundamentalmente coa promoción do emprego, o autoemprego e o desenvolvemento local, na que deberán rexistrar todas as actividades e proxectos desenvoltos ao abeiro destas axudas.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.