Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Contratación| Programas cooperación
Primeira experiencia profesional nos concellos da provincia de Pontevedra - 2023
Código: Sen código
Data de publicación: 10/04/2023
Inicio solicitude: 11/04/2023
Remate solicitude: 10/05/2023

Entidade promotora:

Deputación de Pontevedra

Obxecto da axuda

Esta publicación ten por obxecto regular e anunciar a selección dos concellos como entidades colaboradoras e a determinación do nivel de estudos dos 152 postos de traballo que se van ocupar baixo a modalidade de contrato formativo.

As contratacións laborais baixo a modalidade contrato formativo que se deriven realizaranse entre as entidades colaboradoras e as persoas tituladas universitarias e de formación profesional de ciclos medios e superiores, co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitarlles a súa inserción no mercado laboral.

Descrición da axuda

A través desta subvención financiarase unha parte do custo laboral total dun contrato formativo que deberá ser por un período máximo dun ano a tempo completo. O salario non poderá ser inferior ao 70% para o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ao nivel de estudos e funcións desempeñadas e, en ningún caso, poderá ser inferior ao SMI vixente.

As ditas contratacións abarcarán postos de traballo en xeral, así coma, os relacionados coa transición ecolóxica e a economía verde, a dixitalización de servizos, a cohesión social e o desenvolvemento local rural, preferentemente.

A contía máxima das subvencións que se concederán por cada contrato formativo segundo o nivel estudos serán as seguintes:

Nivel de estudosImporte máximo mensualImporte máximo anual da subvención
Licenciatura, grao ou diplomatura1.400,00€ / mes16.800,00€
Ciclo superior de formación profesional1.200,00€ / mes14.400,00€
Ciclo medio de formación profesional1.000,00€ / mes12.000,00€

Colectivo obxectivo

Persoas desempregadas | Persoas mozas SNGX

Persoas beneficiarias

As 152 contratacións laborais baixo a modalidade contrato formativo distribuiranse entre os concellos de menos de 50.000 habitantes como entidades colaboradoras.