Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións destinadas a financiar a contratación, por parte das entidades locais galegas, de mulleres que sofren violencia de xénero, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral.
A súa finalidade é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu empoderamento, reforzando ao mesmo tempo as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.
Descrición da axuda
A contía da subvención que se concederá ás entidades locais beneficiarias será, por
cada muller contratada a tempo completo, a equivalente á necesaria para sufragar durante
o período de contratación, ata un máximo de 12 mensualidades, as retribucións salariais
brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora, na mesma cantidade que a fixada para o salario, segundo convenio colectivo ou normativa laboral aplicable vixente no momento de formular a solicitude e acorde coa súa categoría profesional.
O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada, cando os contratos se realicen a tempo parcial.
Para os efectos desta subvención, non se consideran custos salariais subvencionables o importe da indemnización prevista polo artigo 49.1.c) do Estatuto dos traballadores,
así como os incentivos e gratificacións extrasalariais que non formen parte da base de
cotización.
O número máximo de contratacións que se subvencionará por cada entidade solicitante establécese segundo a poboación do ámbito territorial da entidade, de acordo co
seguinte:
a) Ata 5.000 habitantes: 1 contratación.
b) Entre 5.001 e ata 20.000 habitantes: ata un máximo de 2 contratacións.
c) Entre 20.001 e ata 50.000 habitantes: ata un máximo de 4 contratacións.
d) Máis de 50.000 habitantes: ata un máximo de 6 contratacións.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios os concellos galegos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.