Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Formación e práctica
Programa Retorna Talento FP 2024
Código: ED333B
Data de publicación: 13/03/2024
Inicio solicitude: 14/03/2024
Remate solicitude: 12/06/2024

Entidade promotora:

Consellería de Educación, Ciencia, Univ e FP

Obxecto da axuda

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas en forma de cento oito (108) bolsas Retorna Talento FP para cursar determinadas ensinanzas de formación profesional que se inicien no curso 2024/25 en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Descrición da axuda

Establécense dúas modalidades de bolsas:

1. Modalidade A: programas específicos básicos. Corenta e oito (48) bolsas para cursar as ensinanzas de formación específica básica (segundo se detallan no anexo IV).
O alumnado seleccionado cursará as devanditas ensinanzas na modalidade presencial durante o curso 2024/25.

2. Modalidade B: ciclos de formación profesional dual. Sesenta (60) bolsas para cursar os ciclos de formación profesional dual (segundo se detallan no anexo V). Nesta modalidade a formación terá unha duración de dous cursos académicos. Durante o curso 2024/25, o alumnado cursará un período inicial na modalidade semipresencial e a distancia que poderá desenvolver desde o seu país de residencia, seguido dun período na modalidade presencial dual, que se desenvolverá entre o centro educativo e a empresa.

Durante o curso 2025/26, o alumnado cursará un período inicial na modalidade semipresencial e a distancia, que se impartirá desde o centro educativo, seguido dun período na modalidade presencial dual, que se desenvolverá na empresa.

As persoas solicitantes poderán concorrer unicamente a unha das dúas modalidades ofertadas, elixindo unha primeira opción como preferente e sinalando na solicitude as restantes opcións segundo a súa orde de preferencia cun máximo de 3 opcións pertences á modalidade escollida.

Colectivo obxectivo

Persoas retornadas

Persoas beneficiarias

Poderá concorrer a esta convocatoria a cidadanía galega residente no exterior e que:

a) Ser menor de 45 anos.

b) Estar en posesión da nacionalidade española.

c) Residir no estranxeiro.

d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude.

e) Cumprir polo menos unha das seguintes condicións:

  • Ser emigrante nacido/a en Galicia.
  • Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar.
  • Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia, sempre que
    a persoa solicitante nacese no estranxeiro.

f) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda da documentación preceptiva.

g) No caso das persoas solicitantes da modalidade B:

  • Estar en posesión dalgunha das titulacións que dan acceso ao ciclo formativo correspondente de acordo co establecido nos artigos 6 e 7 da Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos
    con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio
    e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas. As ditas titulacións pódense consultar nesta páxina web.
  • A titulación deberá estar homologada e acreditarase mediante a correspondente credencial de homologación.  En calquera caso, a credencial de homologación deberá estar resolta
    positivamente, e deberá estar enviada antes do 31 de xaneiro do 2025 ao correo electrónico retorna.talento.fp@edu.xunta.gal
  • Dispoñer de conexión á internet e ordenador ou dispositivo móbil compatible coa plataforma de teleformación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e
    Universidades.