Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral, dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia.
Descrición da axuda
As persoas destinatarias finais dos programas regulados nesta resolución serán as mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego. Para os efectos desta resolución, entenderase por mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Serán subvencionables os programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral. Nestes programas establécese de xeito obrigatorio un obxectivo cuantitativo de inserción laboral das mulleres participantes neles, que será de, polo menos, o 10 % das participantes, que deberán acadar a súa inserción laboral no período subvencionable.
Actuacións dos programas:
1. Itinerario de inserción.
2. Formación para o emprego.
3. Actuacións de apoio á conciliación.
4. Bolsas para as participantes no programa.
Para a determinación do importe das subvencións establécense os seguintes módulos:
a) Módulo para o itinerario de inserción:
Neste módulo, a asignación da subvención será de 20,42 €/hora de traballo efectivo, máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico con titulación universitaria, titulación superior de FP complementada con experiencia profesional e/ou formación especializada ou, na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida, respectando, en todo caso, as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos en que así estea establecido por normativa legal.
b) Módulo para accións de formación para o emprego:
Este módulo comporta para o seu desenvolvemento a presenza de monitorado, e/ou titorización no caso de teleformación. A asignación do módulo será de 20,42 €/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos e indirectos.
c) Módulo para medidas de apoio á conciliación: Este módulo terá una asignación de 15,66 €/hora por servizo de conciliación efectivamente prestado máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos.
d) Módulo para bolsas de participación: Este módulo terá unha asignación de 50,00 euros ao mes por participante, sempre que acredite a súa inclusión e participación activa no programa durante un mínimo de vinte (20) días do mes correspondente.
A contía máxima da axuda que se pode conceder a cada entidade ao abeiro desta convocatoria é de 80.000,00 euros.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser destinatarias destas subvencións as entidades sen ánimo de lucro que cumpran as obrigas e os requisitos exixidos nesta resolución e, de xeito particular, os seguintes requisitos:
a) Carecer de ánimo de lucro.
b) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
c) Non encontrarse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Cumprir os requisitos e as condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.