Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das subvencións a entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social.
A súa finalidade é a promoción, visibilización e desenvolvemento da economía social a través de accións de formación, divulgación e asesoramento, fomentando o espírito emprendedor e a creación e consolidación de emprego.
Descrición da axuda
Son subvencionables as actividades de carácter divulgativo, formativo e de asesoramento incluídas nas actividades xerais e nas actividades relativas aos sectores específicos que estean dirixidas a fomentar a economía social e o emprendemento nesta.
1. Actividades xerais de promoción da economía social.
a) Actividades de divulgación da economía social.
b) Actividades de asesoramento.
c) Actividades de formación.
2. Actividades relativas aos sectores específicos da economía social.
a) Actividades de divulgación.
b) Xeración de novo coñecemento en economía social.
c) Formación para a creación e consolidación de proxectos de economía social.
d) Asesoramento e apoio a proxectos de economía social.
e) Difusión e visibilización da economía social.
A contía das axudas non poderá superar o 80 % dos gastos necesarios para a realización das actividades.
Establécense, así mesmo, os seguintes límites de subvención para as actividades que se indican a continuación:
a) Unha cantidade máxima de 3.000,00 euros por cada actividade formativa a que se refiren os 1.c) e 2.c), cun custo máximo de 50 € por hora para a docencia e 30 € por hora para a coordinación, organización e preparación das actividades.
Os gastos de material e papelaría e fotocopias serán elixibles ata o límite de 8 € por cada alumno/a con asistencia acreditada de acordo co sinalado.
b) Actividades divulgativas as que se refiren os puntos 1.a) e .2.a): ata un máximo de 3.000 euros por cada actividade.
c) Actividades de asesoramento e acompañamento a grupos promotores ou a entidades de economía social, a que se refiren os puntos 1. b) e 2.d): ata un máximo de 50 euros por hora de atención e 2.000,00 euros por itinerario completado (mínimo 60 h).
d) Celebración de encontros e networking entre entidades de economía social, ou entre estas e outros actores económicos, a que se refiren os puntos 1.b) e 2.d): ata un máximo de 1.500 euros por actividade.
e) O importe da subvención para gastos derivados do informe de auditoría da conta xustificativa non superará os 3.000 €.
f) Celebración de feiras, mostras e congresos, a que se refire o punto 2.e): ata un máximo de 15.000 € por cada unha.
g) Unha cantidade máxima de 10.000 € para a elaboración, publicación e difusión de estudos, informes, traballos de investigación, así como manuais, guías, unidades didácticas ou similares, sempre que sexan de nova creación, a que se refiren os puntos 1.a) e 2.b).
A contía máxima da axuda por todos os conceptos subvencionables non poderá exceder os 120.000,00 euros por anualidade para cada entidade beneficiaria.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as seguintes entidades:
a) As asociacións de entidades de economía social.
b) Os concellos de Galicia, e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais.
c) As cámaras de comercio.
d) As universidades.
e) As fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.