Entidade promotora:
Obxecto da axuda
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
Descrición da axuda
O importe da subvención que se concederá ás entidades beneficiarias será o equivalente ao necesario para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos, na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa desempregada contratada que reúna os requisitos establecidos, cos seguintes importes salariais máximos subvencionables:
Para os grupos de cotización 1 e 2: 18.703,12 €.
Para os grupos de cotización 3 a 7: 14.962,50 €.
Para os grupos de cotización 8 a 10: 11.893,32 €.
O importe da subvención por cada contratación reducirase proporcionalmente en función da xornada realizada. En todo caso, e con independencia da xornada de traballo a tempo completo ou a tempo parcial, a xornada de traballo subvencionable será como máximo do 75 % e non poderá, en ningún caso, ser inferior ao 50 %.
Colectivo obxectivo
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas os concellos e as agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, sempre que todos eles dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución do obxecto para o cal se concede a subvención.
Con este navegador móvete á seguinte (dereita) ou anterior (esquerda) axuda publicada.