Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Inserción| Programas cooperación
Subvencións destinadas ao desenvolvemento de actividades de inserción laboral e de creación de emprego de persoas con discapacidade - 2024
Código: BDNS 791278
Data de publicación: 22/10/2024
Inicio solicitude: 23/10/2024
Remate solicitude: 22/11/2024

Entidade promotora:

Outras
- ENAIRE

Obxecto da axuda

Esta Resolución ten por obxecto publicar as axudas destinadas ao desenvolvemento de actividades de inserción laboral e de creación de emprego de persoas con discapacidade, redundando, así mesmo, no cumprimento alternativo da obriga de contratar persoas con discapacidade prevista no artigo 2.1.c do Real Decreto 364/2005, do 8 de abril, mediante a realización de doazóns para o desenvolvemento de actividades de inserción laboral e de creación de emprego de persoas con discapacidade.

Descrición da axuda

Serán subvencionables os proxectos destinados ao desenvolvemento de actividades de inserción laboral e de creación de emprego de persoas con discapacidade.

A contía da subvención calcularase de conformidade coa metodoloxía establecida no artigo 2.2 do Real Decreto 364/2005, do 8 de abril, polo que se regula o cumprimento alternativo con carácter excepcional da cota de reserva en favor de persoas traballadoras con discapacidade.

A contía máxima das axudas que individualmente poidan concederse a cada entidade beneficiaria será de cen mil euros (100.000 €), determinándose a orde de prelación conforme aos baremos recolleitos no artigo 15 das bases reguladoras e determinándose o importe para subvencionar de maneira proporcional aos mesmos ata esgotar a contía dispoñible correspondente a cada exercicio, tendo presente os límites establecidos .

En ningún caso poderá outorgarse unha subvención por riba do custo da actividade.

Considéranse gastos subvencionables aqueles que de maneira indubitada respondan á natureza e obxecto do proxecto subvencionado, incluíndose gastos salariais, de formación, de equipamento ou servizos requiridos ou de difusión do proxecto, entro outros, e realícense no prazo máximo de doce meses desde a concesión da subvención, salvo que o órgano concedente acorde unha prórroga por un prazo adicional de ata seis meses, cando se aprecien causas que impidan a consecución en prazo da actuación subvencionada. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

Para os gastos das características dos sinalados nos apartados 3 e seguintes do artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, estarase ao previsto na mesma.

En ningún caso poderanse imputar gastos anteriores á data de resolución do procedemento de concesión de subvencións nin posteriores á data de finalización do proxecto.

Colectivo obxectivo

Persoas con discapacidade

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias as fundacións ou asociacións de utilidade pública debidamente rexistradas e domiciliadas en territorio español, incluíndo federacións e confederacións, cuxo obxecto social sexa, entre outros, a formación profesional, a inserción laboral ou a creación de emprego en favor das persoas con discapacidade que presenten un proxecto destinado ao desenvolvemento de actividades de inserción laboral e de creación de emprego que permitan a integración no mercado de traballo das devanditas persoas.