Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Programas cooperación
Subvencións para o financiamento dos custos de persoal das unidades de apoio á actividade dos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro - 2023
Código: Sen código
Data de publicación: 02/10/2023
Inicio solicitude: 03/10/2023
Remate solicitude: 25/10/2023

Entidade promotora:

Deputación de Pontevedra

Obxecto da axuda

Esta publicación ten por obxecto establecer as bases e regular a convocatoria das subvencións destinadas a financiar os custos de persoal imputables ao exercicio 2023 das unidades de apoio á actividade profesional e do persoal que desenvolva accións de coordinación e/ou dirección dos Centros Especiais de Emprego con sede e centro de traballo na provincia de Pontevedra que estean inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego e teñan recoñecida a súa carencia de ánimo de lucro na data de publicación desta convocatoria, coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE que operan na provincia de Pontevedra.

Descrición da axuda

Concederanse subvencións para o financiamento dos custos de persoal (custos salariais e de seguridade social por conta da empresa) das unidades de apoio á actividade profesional e do persoal que desenvolva accións de coordinación e/ou dirección, dos CEE que xa estean legalmente constituídos e en funcionamento no momento de publicación das presentes bases e convocatoria e que acrediten documentalmente a contratación de persoal con discapacidade.

Deste xeito, para que se teñan en conta as contratacións das persoas con discapacidade do CEE á hora do reparto, estas deberán ter sido formalizadas con anterioridade á publicación das presentes bases e convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

O período subvencionable dos contratos do persoal das unidades de apoio á actividade profesional e do persoal que desenvolva accións de coordinación e/ou dirección comprenderá todo o ano natural 2023, en concreto, os gastos destas tipoloxías de persoal xerados durante este período.

Serán subvencionables os custos salariais das unidades de apoio, xa sexan contratos formalizados con anterioridade ou posterioridade á publicación destas bases. A contía da subvención dependerá da gradación establecida na base 11ª, percibíndose o 100% da mesma cando se xustifiquen os citados gastos por importe igual ou superior e se manteñan contratadas o número de persoas con discapacidade do CEE que se tiveron en conta para adxudicar o importe da subvención, de non ser así realizarase o axuste proporcional, sen que o número ou tipoloxía dos contratos das unidades de apoio inflúa a estes efectos.

Colectivo obxectivo

Persoal técnico de apoio

Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas os CEE sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

a) Figurar inscritas como Centro Especial de Emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, de 7 de xullo polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia.

b) Ter recoñecida a súa condición como Centro Especial de Emprego “sen ánimo de lucro”.

c) Constar tanto domicilio social como centro de traballo obrigatoriamente na provincia de Pontevedra.

d) Estar ao corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.

e) Non incorrer nalgunha das prohibición previstas na Lei Xeral de Subvencións nin estar incluída nos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.