Repositorio de información sobre apoios e subvencións con significación para o emprego

Tipo de axuda:

Conciliación| Prevención riscos laborais| Programas cooperación| Responsabilidade social
Subvencións para plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva - 2023
Código: TR807K e L
Data de publicación: 07/02/2023
Inicio solicitude: 08/02/2023
Remate solicitude: 07/03/2023

Entidade promotora:

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Obxecto da axuda

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas ás organizacións sindicais e asociacións empresariais con representación na Comunidade
Autónoma de Galicia para o financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación
para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva.

Descrición da axuda

As actividades formativas financiadas ao abeiro desta convocatoria teñen como finalidade o desenvolvemento de plans de formación que inclúan actividades formativas dirixidas á capacitación de persoas vinculadas con organizacións sindicais e asociacións empresariais de ámbito autonómico para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social autonómico e a negociación colectiva.

As actividades formativas deberán estar destinadas á mellora e eficacia da formación das persoas vinculadas con organizacións sindicais e asociacións empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social autonómico e a negociación colectiva, e non poden dirixirse especificamente ao ámbito da Administración pública.

No ámbito destas subvencións poderanse realizar os seguintes plans de formación:

a) Liña 1. Plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e a negociación colectiva promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais. As actividades formativas poderán ser:

  • Cursos de formación cuxo contido estea relacionado co diálogo social e a negociación
    colectiva.
  • Xornadas, seminarios e ciclos de conferencias, cuxo contido verse sobre as funcións
    relacionadas co diálogo social e a negociación colectiva.
  • Encontros internacionais que conten con expertos doutras nacionalidades para ter un
    intercambio de información sobre o diálogo social e a negociación colectiva en distintos
    países.
  • Paneis, foros e obradoiros de expertos que compartan información sobre boas prácticas en diálogo social e negociación colectiva dos distintos sectores.

b) Liña 2. Plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva, promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais. As actividades formativas poderán ser:

  • Cursos de formación cuxo contido estea relacionado coa negociación colectiva.
  • Xornadas, seminarios, ciclos de conferencias, cuxo contido verse sobre as funcións
    relacionadas coa negociación colectiva.
  • Encontros nacionais ou internacionais que conten con expertos doutras comunidades
    autónomas ou nacionalidades para ter un intercambio de información sobre a negociación colectiva en distintos ámbitos territoriais.
  • Paneis, foros e obradoiros de expertos que compartan información sobre boas prácticas en negociación colectiva dos distintos sectores.

Colectivo obxectivo

Entidades sen ánimo de lucro

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias destas subvencións:

a) En relación coas subvencións destinadas ao financiamento de actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo
social e a negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (liña 1):

1º. As organizacións sindicais de carácter intersectorial que participan no dito ámbito, nos termos establecidos no artigo 7 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución de calquera deses fins.

2º. As organizacións empresariais de carácter intersectorial que participan no dito ámbito, nos termos establecidos na disposición adicional sexta do texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución de calquera deses fins.

b) En relación coas subvencións destinadas ao financiamento de actividades formativas
dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (liña 2):

As organizacións sindicais e empresariais que participan no devandito ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución daqueles fins.